
Casa da Vara
A Casa da Vara toma o seu nome dunha columna de esquina usada popularmente como medida. Foi unha casa-tenda gótica da antiga Praza do Arco. A súa xanela con mainel, os arcos conopiais e a decoración vexetal e zoomorfa remiten a unha botica medieval e á presenza criptoxudía en Tui durante o século XVI.


