Albergue Jacob's
Albergue situado na rúa Bispo Lago, a carón do céntrico Paseo da Corredoira. Conta con 19 prazas distribuídas en catro habitacións mixtas equipadas con roupa de capa e unha toalla por persoa. Dispón de dous baños, un para homes e outro para mulleres. Posúe cociña completa con microondas e utensilios; sala de estar con estufa de pellets, wifi gratuíta, lavadora, secadora e zona para tender a roupa.
