
Teatro Principal
O Teatro Principal naceu en 1842 do impulso conxunto do Concello e da burguesía local para dotar Tui dun teatro moderno. Rematado en 1844, seguía o modelo á italiana e atribúese ao arquitecto Faustino Domínguez. É un dos teatros deste tipo máis antigos de Galicia e símbolo da renovación urbana do século XIX.


