
Sinagoga
A sinagoga foi o centro relixioso e comunitario da xudaría medieval de Tui. Asociada ao estudo da Torá, á oración e ao encontro, contaba tamén cun micvé ou baño ritual. Tras 1492 deixou de usarse como espazo relixioso e a súa memoria quedou integrada na arquitectura doméstica posterior.
