
Miradoiro Praza Frómista
O miradoiro da Praza de Frómista ofrece unha lectura aberta do casco histórico e da súa relación co val do Miño. Desde este punto percíbense os desniveis da cidade antiga, os muros que a conteñen e a proximidade de Portugal. A nova sinal debe converter a parada nun lugar de interpretación da paisaxe urbana tudense.


