
Entrada ao Conxunto Histórico
Esta entrada ao conxunto histórico permite comprender a cidade desde o seu bordo amurallado. A muralla promovida por Fernando II en 1170 ampliou Tui cara ao río e conserva aínda longos tramos, ás veces integrados en vivendas ou reforzados pola falsa braga de finais do século XV. O acceso introduce o visitante nunha cidade de orixe romana e medieval.
