
Casa dos Capeláns
A Casa dos Capeláns é unha vivenda gótica do século XV situada no antigo barrio xudeu. A porta con arco conopial daba acceso á vivenda e o gran portalón relacionábase coa tenda. As ménsulas decoradas con rostros identificados como Moisés e Aarón lembran a presenza xudía na arquitectura doméstica de Tui.


