
Casa da Botica
A Casa da Botica conserva a memoria dunha antiga vivenda e botica documentada entre os séculos XVI e XIX. A súa historia relaciónase coa comunidade criptoxudía tudense e con boticarios activos na cidade. O edificio reutiliza elementos máis antigos, como un lintel con motivos heráldicos vinculados á familia Limia.
